ANIMALES EN ADOPCION EN GALICIA









jueves, 27 de enero de 2011

precisamos colaboraciòn cidadá para atopar aos responsábeis da morte a tiros dun can‏

Boa tarde,
esta mañá, a asociación Abeiro ven de presentar unha denuncia no SEPRONA para que se investigue a morte a tiros dun can no concello de Silleda.
O pasado 11 de xaneiro, unha persoa de Bandeira que paseaba o seu can, escoita os queixidos dun can e uns sons que identifica como disparos, pouco despois ve sair do lugar de onde ven o ruído un coche modelo misusbishi montero de cor oscura, coas luces apagadas e a gran velocidade. A persoa ve un cadáver dun canciño na beirarrúa. Vai a súa casa a por unha cámara para sacar unha foto e cando volve ao lugar, só hai un charco de sangue e atopa o can tirado por un terraplén uns metros máis adiante.
Non temos a matrícula do coche, co cal para o SEPRONA vai ser moi difícil localizar aos responsábeis. Calquer persoa que teña calquer pista, por favor, poñédevos en contacto non nós a través deste correo ou co SEPRONA para facilitar o seu traballo. Un saúdo

--
Asociación Pola Protección Animal Abeiro
asociacionabeiro@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario