ANIMALES EN ADOPCION EN GALICIA









jueves, 20 de enero de 2011

A Audiencia Provincial admite parcialmente o recurso de Amigos da Terra no caso da canceira


O auto ditado pola Audiencia Provincial (AP) de Ourense di que se vai dirixir ao Xulgado de Instrucción de O Carballiño para que practique as probas solicitadas polos ecoloxistas tras atopar nunha fosa máis de 70 cans mortos no recinto municipal da canceira e cuia morte, ata o de agora, descoñécese.



O Xulgado carballiñés decretara o sobreseimento provisional e o arquivo das actuacións referidas ao presunto delito de maltrato animal denunciado en marzo de 2009 por varias asociacións. Contra a resolución do xulgado as asociacións denunciantes formularon o correspondente escrito conforme alegaban a inconformidade do disposto baseándose na falta da práctica de probas propostas e non executadas o que podía ser causa de indefensión, é dicir, se tomaba unha decisión xudicial sen ter en conta probas como a declaración da Concelleira de Medio Ambiente de Carballiño, tal e como se solicitara.



E neste punto a Audiencia Provincial estima parcialmente os recursos interpostos polas asociacións ecoloxistas contra o auto do xulgado de instrucción e declara nulo o mesmo ata que o xulgado non se pronuncie sobre as cuestións plantexadas en relación coas “dilixencias de proba admitidas e non practicadas”.



Para Amigos da Terra con esta resposta xudicial retornan ao Carballiño as investigacións sobre a morte dos animais aparecidos na canceira municipal manténdose a confianza de que se xulgue por maltrato animal a aqueles responsables de tutelar aos cans.



O avogado de oficio que representa a Amigos da Terra constitúe a oportunidade de que as entidades non lucrativas de defensa ambiental poidan levar ante os xuíces de xeito gratuíto as agresións ao medio ambiente que doutro xeito quedarían impunes na via administrativa


fuente : http://www.amigosdaterra.net/info/080513_adt/novas-denuncias/695-a-ap-admite-parcialmente-o-recurso-de-amigos-da-terra-no-caso-da-canceira-de-o-carballino

No hay comentarios:

Publicar un comentario