Es un blog dedicado principalmente a ayudar a difundir animales en adopción en Galicia aunque también se ayudará a protectoras de fuera que lo necesiten.
ANIMALES EN ADOPCION EN GALICIA
martes, 18 de enero de 2011
Cant@s máis sexamos máis vidas salvaremos
O vindeiro sábado 29 de xaneiro, en Galicia terá lugar outro ano máis o Campionato de Caza de Raposos a nivel estatal. Como nos catro últimos anos, Equanimal, mobilizará a voluntarios e voluntarias para evitar esta matanza.
Cada ano fomos aumentado a cifra de sabotadores/as con respecto á anterior sabotaxe. Conscientes diso, os cazadores, que son un lobby con gran capacidade de presión, conseguiron que as autoridades envíen á Garda Civil para que vaia molestarnos. Así, o ano pasado a súa represión impediu que moitas persoas puidesen sabotar a caza con normalidade. Pararon ós vehículos cos cales seguiamos ós cazadores varias veces na mesma estrada (para que estes puidesen ir cazar sen que os atopásemos). Retivéronnos en pleno monte para identificarnos (para que os cazadores puidesen marchar sen que sabotásemos a súa caza). E, como colofón, puxéronnos multas por facermos ruído para escorrentar os animais. Para iso, amparáronse nun artigo da lei galega de caza pensado para que os cazadores non poidan espantar a caza doutros cazadores, aplicándoo á sabotaxe.
As absurdas multas por usarmos asubíos foron recorridas, pero as autoridades, do lado dos cazadores, desestimaron os nosos recursos. Houbo tamén un xuízo por desobedecer as ordes sen sentido da Garda Civil, no que tamén se nos condenou inxustamente.
Pero toda esta represión non nos vai deter. Este ano voltaremos ir e utilizaremos outra estratexia. Se a lei é tan absurda que impide usar asubíos e permite acabar con vidas de seres inocentes, actuaremos dun modo distinto. Actuaremos doutro xeito, de modo que, sen infrinxir este absurdo legal, poidamos seguir saboteando a caza de xeito efectivo. Para iso necesitamos a túa axuda, cant@s máis sexamos máis cuadrillas de cazadores quedaranse sen cazar, máis animais salvaremos e máis repercusión mediática terá a acción. Por iso a túa participación é fundamental. ¡Únete á sabotaxe!!
Podes ver os vídeos de sabotaxes anteriores entrando en:
http://www.saboteadoresdelacaza.org/
Tamén podes ver a noticia da sabotaxe á caza de arceas que activistas de Equanimal realizamos en Galicia o pasado sábado 8 de xaneiro na Coruña (Coristanco) clicando aquí.
Para ir á sabotaxe, xestionaremos vehículos particulares aos que poderás sumarte. É moi importante que se dispós de vehículo propio e estás dispost@ a compartir a viaxe con outras persoas nos avises canto antes. Para que a sabotaxe sexa efectiva necesitamos dispoñer do maior número de coches posibles para seguir ós cazadores dende o punto de encontro ata as zonas de caza que lles serán asignadas. Outros anos organizamos autobuses pero é máis complicado conseguir coches en Galicia baleiros para mover a tódol@s activistas ao monte e máis doado para a Garda Civil facer que perdamos tempo identificándonos.
Por iso, se traes o teu vehículo faimo saber e dime con cantas persoas podes viaxar, para que a viaxe ata Galicia sexa máis amena e económica.
Apúntate escribíndome un e-mail ou chamándome a:
Galicia@equanimal.org
Tef: 650 576 631
Da túa participación depende poder impedir esta matanza. Cant@s máis sexamos máis vidas salvaremos. ¡Axúdanos a axudalos, as súas vidas dependen de nós!
Grazas por defenderes aos animais. Apertas!
Sara Lago
Voluntariado Estatal - Fundación Equanimal
Apartado 14.454, 28080-Madrid
Tlf. 650 576 631 | www.equanimal.org
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario