ANIMALES EN ADOPCION EN GALICIA









martes, 23 de noviembre de 2010

Esterilización gatos na rúa, Asociación Abeiro, Santiago


Ola a tod@s, en breve imos comezar unha nova campaña de castración de gatos e gatas da rúa.
É moi urxente a situación dos gatiños da Almáciga, xa que están sendo envenenados constantemente por dous veciños da zona; desde Abeiro xa denunciamos esta situación, pero mentres a policía se decide a actuar, temos que tentar castralos e na medida do posíbel buscar novos fogares para a maioría deles,
Tamén se castrarán os gatos que viven na residencia da terceira idade das Rodas, xa que temos o apoio da dirección para collelos.
Como sempre: precisamos xente para captura e traslado dos gatos ás clínicas colaboradoras, xente que poida ter ou atopar lugares de acollida (temporal ou permanente) para eles e elas, e tamén que difundades entre amigos e amigas que quizais queiran e poidan axudar.Contestade a este correo coa vosa disponibilidade e ganas de axudar.
Grazas de novo. Unha forte aperta


http://asociacionabeiro.blogspot.com/
http://www.abeiro.org

2 comentarios:

  1. Hola,podriais ayudarme? he recogido un perrito de la carretera,abandonado por cazador,pero no puedo quedarmelo y las asociaciones que conozco dicen no tener sitio,es una historia larga...tiene microchip y el dueño no lo quiere...estoy desesperada,¿podria colgar su foto en vuestro blog?es muy bueno.tiene 9 años.yo ya tengo un macho dominante y un gato recogidos de la calle en un piso de alquiler donde no permiten animales...gracias de antemano.

    ResponderEliminar
  2. Hola Anónimo mandanos la foto etc al correo que es : coordinadorapp@gmail.com y te difundimos a ver si hay suerte. Siento el retraso en contestarte.

    ResponderEliminar