O DOMINGO 19 DE XUÑO queres pasar unha tarde divertida e axudar ós cans/cadelas do refuxio de animais de Ponteareas?
Dende as 17:00h, teremos para os máis cativos xogos o aire libre e conta-contos.
Haberá tamén distintas actuacións, como baile clásico, cancións ó piano e con guitarra, poesias…
De 20:30h a 22:00h actuarán:
“AS CRIAS DO CAIMÁN”
“ELECTRIC SHEEPS”
“ROCK SCHOOL"
E como broche final, a partir das 22:00h, tenemos o mellor HIP-HOP do Condado en directo con:
-DUKE SAM E DIYEYTI
-BOSS E ELOY EL NIÑO
A entrada será de 2€, os nenos entran de balde
Teremos montado o posto de venda dende as 12:00h
Podedes traer ós vosos cans/cadelas (non poderan entrar no centro cultural, pero teremos unha zona habilitada para eles)
Esperámosvos no Centro Cultural “ A Visoureira” de Guláns (Ponteareas)
Para chegar dende Vigo tedes que vir pola A-52 e sair en Cans para entrar na N-120. e seguir dirección Ponteareas. Encontraredes despois un sinal a man dereita que vos indica GULÁNS 4KM, pasados os catro km. E estando xa en Gulán, a un par de kms encontrades (tamén a man dereita ) o desvio para o Centro Cultural “A Visoureira”. A que é fácil chegar?
ORGANIZA: ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS “OS BIOSBARDOS”
COLABORA: CENTRO CULTURAL DE GULÁNS
No hay comentarios:
Publicar un comentario