ANIMALES EN ADOPCION EN GALICIA









sábado, 12 de febrero de 2011

Amigos da Terra presentou onte unha queixa ante o Valedor do cidadán do Concello de Vigo,


O departamento xurídico de Amigos da Terra presentou onte unha queixa ante o Valedor do cidadán do Concello de Vigo, pois interpreta que existe unha contradición normativa entre a ordenanza municipal, que prohibe alimentar aos animais abandoados (nomeadamente aos gatos) e a Lei de Protección de Animais, que debería prevalecer pois é de rango superior.




Non existindo por parte da área de medio ambiente da Alcaldía (anteriormente coñecida como Concellería de medio ambiente do Concello de Vigo) un servizo municipal para alimentar as colonias de gatos das rúas, é responsabilidade ética de cada cidadán cumplir esa outra Lei de rango superior que contemplaría como maltrato deixalos morrer de fame.



Ao Valedor do Cidadán solícitase que admita a trámite a Queixa presentada por:



PRIMEIRO. Que a Concellería de medio ambiente de Vigo, ditou unha ordeanza municipal na que informa da prohibición aos cidadáns de alimentar animais vagabundos. Entendendo que dito bando ten a súa orixe na Ordenanza Municipal para a protección e tenencia de animais do concello de Vigo que, efectivamente, no seu artigo 16 fai alusión a dita prohibición e sinala que está prohibido para quen o faga de "xeito cotián", sen establecer a que fai relación estes termos.



SEGUNDO. Que a Lei 1/93 de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, establece que as alcaldías terán repsonsabilidades directas na custodia dos animais e remite á normativa local. Neste caso o artigo 26 da Ordenanza municipal anteriormente mencionada di expresamente: " Atíxenlle á alcaldía a responsabilidade superior da protección dos animais domésticos ou salvaxes en catividade no ámbito do seu termo municipal".



TERCEIRO. Que ao longo da cidade viguesa é doado atopar animais abandoados sen que a alcaldía, que ten responsabilidade directa sobre os mesmos, se faga cargo dos seus compromisos establecidos xuridicamente.



Polo tanto, Amigos da Terra solicita sexa admitida esta QUEIXA contra dito bando municipal e contra a indefensión que sufre o cidadá vigués fronte a uns feitos - alimentar animais abandoados - dos que se DEBERA facer cargo o concello de Vigo e que non resolve pretendendo xulgar ao cidadán solidario cos animais.



Se desde o concello se dera cumprimento ao establecido nas normas, non habería animais abandonados e polo tanto, non sería preciso ditar unha ordenanza que contradi o regulado.

FUENTE : http://amigosdaterra.net/info/080513_adt/novas-denuncias/715-presentase-queixa-ante-o-valedor-en-vigo-pola-ordenanza-que-prohibe-alimentar-aos-gatos-das-ruas

No hay comentarios:

Publicar un comentario