Precisamos unha adopción
ou acollida indefinida urxente para esta cadela adulta mixtura de Pastor
Alemán. Desafortunadamente até hoxe non tivo moita sorte na vida e
agardamos que o futuro lle depare algo mellor. É moi sociábel
con outros cans e tamén con micos. Algo tímida coas persoas ao comezo,
pero moi agarimosa cando colle confianza. Quenes a recolleron a teñen
temporalmente nunha "residencia canina" moi ao seu pesar, xa que non
poden metela na casa, pero tampouco teñen capacidade para seguir
facéndolle fronte aos pagos da mesma durante moito máis tempo. Se non
podedes adoptala ou acollela por favor compartide. É moi, moi importante
atoparlle pronto un fogar estábel.
asociacionabeiro@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario