ANIMALES EN ADOPCION EN GALICIA









domingo, 17 de febrero de 2013

Quiño: adopción o acogida MUY URGENTE. Galicia

copio: ACOLLIDA URXENTE PARA QUIÑO!: A última visita do ano á clínica veterinaria trouxo malas novas para Quiño e a sua pata, está facendo xogo por onde non hai articulación o que lle causa dor e haberá que solucionalo cunha nova operación o ant...es posible. Para ser operado precisa atopar unha nova casa de acollida xa que na actual convive con cans e cadelas moi activos que lle impiden o repouso necesario, Quiño precisa un sitio tranquilo para recuperar a pata en condicións. Leva casi 2 anos sufrindo as consecuencias do abandono e posterior atropelo, moito tempo para un amante do monte sin poder saír a dar as carreiras que tanto lle gustaban antes da segunda operación, agora precisa unha terceira e esperamos que sexa a definitiva, pero o primeiro paso hacia a sua recuperación completa comeza cun novo fogar, el saberá recompensar a quen llo poida ofrecer con mais mimos dos imaxinables. QUIÑO: Apenas sendo un cachorro apareceu atropelado cunha pata rota, foi operado pero non saiu todo ben e inda coxeaba, despois de pasar uns meses recuperandose desa operación e outros meses esperando a que o óso estivese forte para unha nova operación por fin puidose operar de novo fai 2 meses, pero tampouco esta vez parece que vaia todo ben, era a última oportunidade para a pata de Quiño e inda está convalecente esperando os resultados definitivos pero as previsións non son moi optimistas. El non perde o seu bo humor e ganas de correr e xogar coma todos, con pata boa ou non será un excelente compañeiro de aventuras da persoa que decida adoptalo. http://protectoraosbiosbardos.org/ - EMAIL: protectoraosbiosbardos@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario