ANIMALES EN ADOPCION EN GALICIA









miércoles, 30 de julio de 2014

Adela necesita hogar. Galicia


Precisamos unha adopción ou acollida indefinida urxente para esta cadela adulta mixtura de Pastor Alemán. Desafortunadamente até hoxe non tivo moita sorte na vida e agardamos que o futuro lle depare algo mellor. É moi sociábel con outros cans e tamén con micos. Algo tímida coas persoas ao comezo, pero moi agarimosa cando colle confianza. Quenes a recolleron a teñen temporalmente nunha "residencia canina" moi ao seu pesar, xa que non poden metela na casa, pero tampouco teñen capacidade para seguir facéndolle fronte aos pagos da mesma durante moito máis tempo. Se non podedes adoptala ou acollela por favor compartide. É moi, moi importante atoparlle pronto un fogar estábel.  
 asociacionabeiro@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario