Es un blog dedicado principalmente a ayudar a difundir animales en adopción en Galicia aunque también se ayudará a protectoras de fuera que lo necesiten.
ANIMALES EN ADOPCION EN GALICIA
miércoles, 5 de enero de 2011
SOS SUIDO
O espazo natural do Suído está seriamente ameazado. A pesar das agresións que xa sufriu, mantén un enorme valor patrimonial e unha rica biodiversidade. No mes de Xuño, presentamos alegacións contra o proxecto de instalación dun novo parque eólico na zona do Coto de Bidueiros, que moitos de vos coñecedes. O pasado 17 de Decembro sometéronse a exposición pública os proxectos de investigación mineira para realizar catas por toda a serra, para cuantificar a cantidade e calidade de diversos minerais como Tungsteno, Tántalo, Niobio, Litio e Estaño. Estas catas son a fase previa á explotación mineira a ceo aberto. Hai 30 días dende a publicación no DOG (17/12/2010) para presentar alegacións para tentar parar o proxecto. Presentarei o meu documento esta semana, e calquera de vos pode facer o mesmo a título persoal ou en representación dun colectivo, para conservar esta serra tal e como a coñecemos hoxe.
Non consta que se fixese ningún estudo de impacto medioambiental previo para avaliar os estragos que se producirían coas perforacións, co paso de maquinaria pesada e a apertura de pistas por toda a serra. Sen este análise previo ós traballos mineiros, non se poderá esixir á empresa nin á administración a restauración total das zonas danadas aínda que moitos dos danos serían irreparables.
Animádevos a presentar alegacións xa que é unha das poucas ferramentas coas que contamos para defender o noso patrimonio e a nosa terra.
Consultar o DOG dos proxectos mineiros Carlota e Macarena
Consultar o DOG dos proxectos mineiros Carlota e Macarena
Modelo de alegacións para proxectos mineiros no Suído "Carlota" e "Macarena"
Modelo de alegacións proxectos Carlota e Macarena
¿ Cómo presentar as alegacións?
É moi sinxelo. Poden presentarse directamente en calquer concello se teñen Portelo único, ou en calquera Rexistro da Xunta ( como o do Naútico en Vigo) que é a opción máis sinxela. Tamén poden enviarse por correo certificado, neste caso dirixidas á delegación correspondente da Consellería de Industria ( a dirección está no meu documento de alegacións ou na publicación do DOG do 17 de Dec), sempre con acuse de recibo e facendo que en correos che selen unha copia antes de enviala. Para isto tes que levar o sobre aberto e unha copia, amosarlla ó funcionario e que cha sele no intre antes de pechar o sobre.
FUENTE : http://alobagueira.blogspot.com/2011/01/sos-suido.html
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario